Estabilidade na situación epidemiolóxica; Viveiro conta 214 casos, por 75 Xove e 45 Burela

O Vicedo mantense en 35 positivos nos últimos 14 días e Riotorto en 14; o Hospital da Mariña atende 18 pacientes con Covid-19, un deles en coidados intensivos

Zona de urxencias do Hospital da Mariña. AXM

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 1.954, 156 máis ca na anterior actualización, segundo o reconto ofrecido este martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). De acordo coa mesma fonte, desde o último cómputo documentáronse 184 positivos novos por PCR.

Dos 1.954 contaxiados, 73 permanecen ingresados. O Hospital da Mariña atende 18 pacientes con Covid-19, un deles na Uci; o HULA coida de 43 positivos, 14 deles que requiren coidados intensivos; o centro hospitalario de Monforte ten once contaxiados, todos en planta.

No histórico da provincia documéntanse 162 defuncións, 7.556 altas e 9.680 contaxios acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse un total de 152.684 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse un total de 1.493 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica, en Viveiro frea a caída dos casos documentados nos últimos 14 días; son 214, por 213 comunicados onte. En Xove localizáronse, nese mesmo período, 75 positivos (-2).

En Burela confirmáronse 45 contaxios (-6) nas últimas dúas semanas, no Vicedo 34 (-1), en Cervo 22 (sen variacións), en Ribadeo 25 (+1), e Foz dez (-2) e en Riotorto 14 (sen variacións). Os restantes municipios da Mariña teñen entre un e dez positivos, sendo Alfoz o único libre de Covid-19.

RESIDENCIAS

MAIORES

12 Residencia da Pastoriza e apartamentos

1 Residencia de Maiores de Burela

1 Residencia DomusVi Monforte

2 Residencia O Incio

5 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

50 Residencia Nosa Señora do Carme (Sarria)

10 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

23 Residencia da Pastoriza

1 Residencia de Maiores Burela

3 Domusvi Chantada

1 As Gándaras (Lugo)

1 Domusvi Monforte

1 Residencia de Monforte de Lemos

1 Residencia O Incio

3 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

4 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria

1 Residencia de Trabada

2 Residencia Domusvi Viveiro

10 Residencia San Bartolomeu (Xove)

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here